Os obreiros do noso

Luis Gómez Pacios

Seguindo a temática frecuente na obra de Pacios, o autor representa neste gravado unha escena costumista protagonizada por un grupo de tres labregos, dúas persoas adultas e un neno, que están almacenando o gran en sacos. A escena sitúase nun campo no que vemos un hórreo detras. Encádrase o estilo do autor dentro do expresionismo que reflicte na caracterización ruda dos personaxes e do violento contraste dos clarescuros.

Ficha técnica

Número de referencia: IBC0000557
Autoría: Luis Gómez Pacios
Título: Os obreiros do noso
Temas: 
De xénero
Escenas
Data: 1950
Técnicas: 
Gravado
Dimensións: 
Alto: 75 cm Ancho: 60 cm Profundidade: 3 cm
Materiais: 
Papel