Os piñeiros da Casa de Campo
Juan Espina y Capó
A natureza é a gran protagonista deste cadro: as árbores, o ceo e un camiño no que as personaxes ao lonxe son unha mera anécdota. O contraste das cores ocres da terra cos verdes das árbores xunto co ceo grisaceo compoñen unha imaxe na que a vexetación é o elemento principal. As cores cunha gama cromática restrinxida e de baixa intensidade, confírenlle á paisaxe un aspecto triste e melancólico. Asinado e datado no ángulo inferior esquerdo (J Espina 86).
Ficha técnica
Número de referencia:
IBC0000104
Título:
Os piñeiros da Casa de Campo
Temas:
Paisaxe
Data:
1886
Técnicas:
Óleo
Dimensións:
Alto: 94,5 cm Longo: 170cm Ancho: 7cm
Materiais:
Lenzo
Localización:
Facultade de Xeografía e Historia