Os xogadores de naipes

Atribuido a Gerardo della Notte (Gerard Van Honsthort) Escuela de Utrecht

Escena lúdica e de certa cotidianidade, xa que estase a desenvolver unha partida de cartas entre un home e unha muller. Acompáñanos outros tres personaxes: un home barbado que parece aconsellar a xogada da muller, un músico, que ameniza co seu laúde, e un xove cabaleiro, de pé quen, co sombreiro posto, fai aceno de saudar. O máis interesante son os contrastes lumínicos provocados pola vela acesa no centro da mesa, que con intensidade aluman os rostros da dama e do cabaleiro, que vencellados desta forma, son os protagonistas da escena.

Ficha técnica

Número de referencia: IBC0000273
Autoría: Atribuido a Gerardo della Notte (Gerard Van Honsthort) Escuela de Utrecht
Título: Os xogadores de naipes
Temas: 
Costumista
Data: 1652
Técnicas: 
Óleo
Dimensións: 
Alto:122 cm Ancho: 166 cm
Materiais: 
Liño