Pablo Sanz Pedrero

Felipe Criado Martín
José Manuel García Iglesias

Con Pablo Sanz Pedrero (1921-2004), que foi reitor entre 1975 e 1978, é cando a Reitoría é situada no antigo Colexio de San Xerome, tralas pertinentes obras de acondicionamento. Tal reutilización deste antigo espazo colexial forma parte dun proceso de ampliación da Universidade galega, tanto en Compostela como no resto de Galicia.

A data do seu retrato, 1978, coincide coa conclusión do seu mandato e faise para estar no Colexio de San Xerome, na súa condición de Reitoría. Está asinado por Felipe Criado. Preséntao sedente, distinguido coa medalla de reitor e, no seu caso, atendendo aos estudos propios da súa cátedra. Os puños da súa toga son de cor morada, correspondente a Farmacia.

Sanz Pedrero naceu en Piñel de Abajo (Valladolid) e tras deixar a Universidade de Santiago foi Académico de Número da Real Academia Nacional de Farmacia, en 1983.

http://www.analesranf.com/index.php/aranf/article/viewFile/191/222

J. M. García Iglesias, 2016: J. M. García Iglesias, Minerva, la Diosa de Compostela. Espacios y obras a relacionar con el saber, Santiago de Compostela (Andavira Editora- Consorcio de Santiago), 2016, pp. 206-207.

Ficha técnica

Número de referencia: IBC0000203
Autoría: Felipe Criado Martín
Título: Pablo Sanz Pedrero
Temas: 
Retrato
Masculino
Data: 1978
Técnicas: 
Acrílico
Dimensións: 
Alto: 116 cm  Ancho: 86,5 cm   Alto: 132 cm  Ancho: 102 cm  Fondo: 7,5 cm (con marco)
Materiais: 
Lenzo