Paisanas nun mercado
Autoría desconocida
Escena popular e costumista que representa o trafego dun mercado ou dunha feira ao aire libre, principalmente protagonizada polo grupo do primeiro plano: dúas mulleres en posición escorzada, de costas e agachadas, colocan ou revisan a mercancía e, fronte a elas, podemos ver a outra parella, inmersa tamén na actividade de intercambio. Destaca a marcada liña debuxística que contornea toda a figuración, a excepción das árbores e do ceo, representado nunha concepción de raíz impresionista. Non está asinado.
Ficha técnica
Número de referencia:
IBC0000403
Título:
Paisanas nun mercado
Temas:
Costumista
Data:
1950
Técnicas:
Óleo
Dimensións:
Alto: 88 cm Ancho: 104 cm
Materiais:
Lenzo
Localización:
Facultade de Dereito