Paisaxe
Xavier Pousa Carrera
A paisaxe foi un dos xéneros maiormente cultivados por Pousa. A panorámica do río vén determinada pola peculiaridade atmosférica da brétema, que matiza as suaves entonacións dunha gama cromática baixa por medio dunha luz branquecina e fría, á vez que difumina toda a vista. A paisaxe convértese nun conxunto de sensacións. Asinado a. i. d. Comprado á galería Citania en 1981.
Ficha técnica
Número de referencia:
IBC0000260
Título:
Paisaxe
Temas:
Paisaxe
Técnicas:
Óleo
Dimensións:
Alto: 60 cm Longo: 81 cm Sen marco Alto: 80,5 cm Longo:101,5 cm Ancho: 3 cm (con marco)
Materiais:
Madeira
Localización:
Colexio de San Xerome Reitoría