Paisaxe

Xosé Telmo Lodeiro Fernández

Construción xeométrica, moi próxima á abstracción. Lodeiro compón esta paisaxe abstracta que estrutura en catro espazos con formas escalonadas e diferentes que conseguen crear a sensación de profundidade. A pintura é plana, traballada como é habitual con gamas cromáticas que neste caso van do laranxa ao morado. Asinado no ángulo inferior dereito.

Ficha técnica

Número de referencia: IBC0000614
Autoría: Xosé Telmo Lodeiro Fernández
Título: Paisaxe
Temas: 
Abstracto
Paisaxe
Data: 1971
Técnicas: 
Óleo
Dimensións: 
Alto: 62 cm Ancho: 44 cm Profundidade: 1,5 cm
Materiais: 
Lenzo