Paisaxe

Xosé Telmo Lodeiro Fernández

Paisaxe rixidamente construída a través de bandas secuenciadas con planos de formas xeométricas, os semicírculos concéntricos, no primeiro termo, os prismas cúbicos no segundo, recortadas as súas siluetas contra a última franxa, caracterizada pola gradación cromática laranxa. Lodeiro camiña cara a abstracción mediante unha orde ríxida de imaxes á vez que mantén a liña da interpretación tradicional dun contido lendario: a paisaxe. Destaca unha gama de morados, azuis e alaranxados. Asinado no ángulo inferior dereito.

Ficha técnica

Número de referencia: IBC0000615
Autoría: Xosé Telmo Lodeiro Fernández
Título: Paisaxe
Temas: 
Abstracto
Paisaxe
Data: 1971
Técnicas: 
Óleo
Dimensións: 
Alto: 63 cm Ancho: 44 cm Profundidade: 1,5 cm
Materiais: 
Lenzo