Paisaxe con río e figuras

Autoría descoñecida da escola flamenga

A paisaxe flamenga desenvólvese como xénero independente na segunda metade do século XVI, acadando o seu máximo apoxeo no Barroco. De comezos do século seguinte é esta paisaxe protagonizada por un rio e atravesada por unha ponte, ás marxes do cal aparecen salpicadas diferentes escenas: un grupo de damas a cabalo e xente que descende dunha barca no ángulo inferior esquerdo, mentres que na outra marxe do río outro conxunto de figuras pasean. A escena está flanqueada por unha gran árbore na marxe esquerda, mentres que na dereita unha frondosa vexetación sitúase paralela ao río. En canto á luz, establécese unha gradación de planos lumínicos, pasando do primeiro termo en sombra á luminosidade do segundo plano e do fondo, creando ademais a captación da representación atmosférica e de amplitude espacial da obra. A gama cromática caracterízase polo emprego de tonalidades grises e pratas, verdes e terras, poñendo a nota cromática a dama a cabalo -o cal parece que ten as patas recortadas- co vestido vermello. Tamén aparece co título "Paisaje con pescadores".

Ficha técnica

Número de referencia: IBC0000412
Autoría: Autoría descoñecida da escola flamenga
Título: Paisaxe con río e figuras
Temas: 
Paisaxe con figuras
Data: 1601
Técnicas: 
Óleo
Dimensións: 
Alto: 195 cm Ancho: 145 cm
Materiais: 
Lenzo
Localización: Facultade de Dereito