Paisaxe de Borox (Toledo)

Rafael Úbeda Piñeiro

A concepción da paisaxe de Rafael Úbeda é claramente unha débeda tanto de conceptos cubistas coma da influencia de Cézanne; do primeiro toma a sólida estrutura compositiva, mentres que do segundo toma o concepto de reducir as formas da natureza a figuras básicas de xeometría. Así, o autor preséntanos unha paisaxe dunha vila toledano estruturada en distintas zonas: as árbores e casas do primeiro termo e as montañas do fondo, elementos que quedan reducidos a formas xeométricas triangulares, definidas polo trazo do debuxo. A paisaxe queda, por tanto, reducida a unha recreación de trazos esenciais e esquematizada ao máximo. A paleta cromática é sobria, baseada en gamas de grises, xunto con toques de brancos, ocres, verdes e vermello.

Ficha técnica

Número de referencia: IBC0000122
Autoría: Rafael Úbeda Piñeiro
Título: Paisaxe de Borox (Toledo)
Temas: 
Campestre
Paisaxe
Data: 1970
Técnicas: 
Óleo
Dimensións: 
Alto: 28,5 cm Longo: 38,5 cm (sen marco) Alto: 47 cm. Longo: 57,5 cm Ancho: 5 cm (con marco)
Materiais: 
Táboa