Paisaxe de campo

Mª Antonia Dans Boado

Paisaxe campestre na que a artista aproxímase de xeito doce, débeda da súa influencia naïf. Compón o cadro a base de liñas horizontais; en primeiro termo unha franxa de vexetación, seguida doutra que é un camiño. Centra a composición unha escena campesiña na que vemos o labrego regresando á súa casa tras recoller a herba seca que transporta nun carro. Tanto a perspectiva coma a cor amarela conducen a este elemento central; en último termo o ceo plúmbeo. Decántase por empregar unha paleta cromática suave a base de cores verdes e ocres. Asinado a. i. e.

Ficha técnica

Número de referencia: IBC0000262
Autoría: Mª Antonia Dans Boado
Título: Paisaxe de campo
Temas: 
Campestre
Paisaxe
Data: 1960
Técnicas: 
Acuarela
Ceras
Pastel
Dimensións: 
Alto: 49 cm Longo: 69 cm Sen marco Alto: 72,3 cm Longo: 92,5 cm Ancho: 4 cm
Materiais: 
Papel