Paisaxe dun río
Mª Antonia Dans Boado
O mundo do mar está moi presente ao longo da obra de Mª Antonia Dans; neste caso amósanos unha paisaxe na que representa en primeiro termo un campo, no medio do cal ábrese un camiño que conduce a un paseo fluvial. Ao fondo aparece un río, navegado por tres barcos. Dans aproxímase á paisaxe cun certo aire "naïf", inxenuo, no que as cores son vivas, alegres, destacando verdes e amarelos. Asinado e datado a. i. d. "dans 76"
Ficha técnica
Número de referencia:
IBC0000261
Título:
Paisaxe dun río
Temas:
Mariña
Paisaxe
Data:
1976
Técnicas:
Acuarela
Ceras
Óleo
Dimensións:
Alto: 73,5 cm Longo: 93 cm Ancho: 4 cm (marco incluido) Alto: 48 cm Longo: 67 cm (sen marco)
Materiais:
Papel
Localización:
Colexio de San Xerome Reitoría