Paisaxe vermella

Antonio Mouzo Lavandeira

Nesta obra, Mouzo Lavandeira representa unha paisaxe de montaña caracterizada polo uso intenso e vivo que fai da cor vermella, que denota a influencia do expresionismo xermano. A súa é unha pintura de manchas e trazos esquemáticos cos que describe o perfil das montañas, un camiño sinuoso, algunhas árbores e unha figura. O resultado é unha paisaxe que parece recrear un mundo onírico, de ensoño, que recorda as escenas de Chagall.

Ficha técnica

Número de referencia: IBC0000757
Autoría: Antonio Mouzo Lavandeira
Título: Paisaxe vermella
Temas: 
Paisaxe
Data: 1990
Técnicas: 
Mixta
Dimensións: 
Alto: 62 cm Longo: 72 cm Ancho: 2,5 cm (con marco) Ventana do passpartout Alto: 35 cm Longo: 52 cm (sen marco)
Materiais: 
Papel
Localización: Casa da Balconada