Paisaxe - Viúvas
Agustín Pérez Bellas
Este debuxo mostra a presenza de catro mulleres no primeiro termo de apariencia certamente fantasmagórica. A paisaxe é igualmente tétrica, como unha paraxe desértica concibida en expresivas ondulacións. Expresionismo crítico, crú e denunciador, potenciado pola gama cromática reducida ao branco e negro, emparentándose coas pinturas negras de Goya. Asinado a. i. d "A 68 Pérez Bellas". Tamén coñecido como "Viúvas"
Ficha técnica
Número de referencia:
IBC0000259
Título:
Paisaxe - Viúvas
Temas:
Figura de
Muller
Técnicas:
Debuxo
Dimensións:
Alto: 68 cm Longo: 90 cm (soporte)
Materiais:
Papel
Localización:
Colexio de San Xerome Reitoría