Pedro Isaac Rovira Carreró
O retrato do catedrático de Dereito Penal don Pedro Isaac Rovira Carreró -cunha carreira plenamente desenvolvida en Compostela (M. Otero Parga, 1987; M. Otero Parga, 2006, p. 435; E. Cebreiros, 2021)- foi realizado polo pintor Manuel Aramburu Núñez (J. M. García Iglesias, 2012, p. 15-38) e encargado no decanato de Souto Paz, ao realizarse o cambio de localización desta Facultade (J. M. García Iglesias, 2016, p. 223). Este catedrático de Dereito Penal, tan vinculado á Universidade compostelá, foi decano entre 1934 e 1936, o ano do seu pasamento.
O retrato atende a unha formulación similar á iniciada, probablemente, no de Jacobo Gil Villanueva: medio corpo, coa muceta vermella de Dereito e a medalla de doutor, buscando o pintor, desde a utilización, supostamente, dunha fotografía que o identifica, ser o máis fidedigno posible no tratamento do rostro, delimitado, tamén aquí, por un fondo neutro.
E. Cebreiros, 2021: “Rovira y Carreró, Pedro Isaac”, en Diccionario de Catedráticos españoles de Derecho (1847-1984). https://humanidadesdigitales.uc3m.es/s/catedraticos/item/16255, 2021.
J. M. García Iglesias, 2012: J. M. García Iglesias, “Manuel Aramburu na Historia”, Aramburu: da infancia á madurez, catálogo da exposición, Pontevedra, Museo de Pontevedra, 2012, pp. 15-38.
J. M. García Iglesias, 2016: J. M. García Iglesias, Minerva, la Diosa de Compostela. Espacios y obras a relacionar con el saber, Santiago de Compostela, Andavira Editora e Consorcio de Santiago, 2016.
M. Otero Parga, 1987: M. Otero Parga, La filosofía del Derecho Penal en la Universidad de Santiago (1800-1970), Madrid, Trivium Ed., 1987.
M. Otero Parga, 2006: M. Otero Parga, “Pedro Isaac Rovira Carreró”, en Diccionario crítico de juristas españoles, portugueses y latinoamericanos (hispánicos, brasileños, quebequenses y restantes francófonos), vol. II, tomo I, Barcelona-Zaragoza, 2006, p. 435.