Pedro Madruga e o bispo de Tui
Na década dos 70 prodúcese o contacto profesional entre Luís Seoane e Mª Elena Montero. Por eses anos o artista galego realiza unha serie de cartóns para a Galería El Sol de Buenos Aires; á súa volta encargará a Mª Elena Montero que os execute a partir dos cartóns, seguindo un método cifrado no que cada número equivalía a aunha cor, a unha lá previamente seleccionada, de aí que o tapiz conserve as composicións características de Seoane de cores vivas e planas. Aquí represéntase unha escena dun coñecido episodio da historia de Galicia, encadrado dentro das loitas nobiliares do século XV, no que Pedro Madruga, a cabalo e con armadura, leva preso a Diego de Muros, bispo de Tui, que é trasladado nun carro tirado por vacas. O tapíz foi realizado por Mª Elena Montero dun deseño de Luís Seoane. Asinado no a.i.e. : "Seoane" e no a.i.d. : E.M. No reverso ten cosida unha tarxeta de tea onde aparecen os seguintes datos: Autor: Luis Seoane Título: "Pedro Madruga e o bispo de Tui" Dimensións: 2 x 1,20 cm. Nº 6 Tecido por Mª Elena Montero; taller: Pza. España, nº 7, 5º, Sada, A Coruña. Data: 1979 e a sinatura de autenticidade de Mª Elena Montero