Pedro Sánchez Boado
Retrato do catedrático Pedro Sánchez Boado; este represéntase sentado e vestido cunha túnica negra que deixa entrever no colo unha camisa branca. A mesa e a cadeira contribúen a lograr a sensación de espazo, no que a luz provén do exterior a través dunha ventá -que tan só se intúe-. O retratado está en actitude de escribir, que abandona por un instante para mirar cara a fóra; nunha man sostén a pluma coa que está a escribir e coa outra sostén un libro. Sobre a mesa vemos a cinta de colexial vermella e outro libro que fan referencia ao labor desempeñado polo retratado. A luz fría, as carnacións e o feito de que o perfil da figura estea perfectamente recortada contra o fondo remiten claramente a unha estética neoclásica. Lenda: "PTRUS/SANCHEZ BOADO/ CANON. COMPOST. THEOLOG./ ORAT. POLEMICUS, IN OMNIBUS/ DOCTISSIMUS".