Peirao

Urbano Lugrís Vadillo

Representación dunha paisaxe mariñeira, tema polo que Lugris Vadillo sente unha especial debilidade. Nesta escena atopamos, á nosa dereita, un barco e á esquerda os edificios do peirao. É esta unha paisaxe sen referencias concretas aos elementos naturais que conforman unha escenografía misteriosa, na que os tonos cálidos crean unha atmosfera efectista, teatral e irreal. Esta paisaxe imposible, represéntase cun minucioso realismo, de grafismo preciso. Asinado a. i. d.

Ficha técnica

Número de referencia: IBC0000599
Autoría: Urbano Lugrís Vadillo
Título: Peirao
Temas: 
Paisaxe
Data: 1952
Técnicas: 
Óleo
Dimensións: 
Alto: 76,5 cm Ancho: 80 cm Profundidade: 4,5 cm
Materiais: 
Táboa
Localización: Facultade de Filosofía