Peixeiras
A temática costumista galega é a que predomina na produción artística de Clara F. Marín, na que a figuración é a protagonista. Presenta unha obra titulada Peixeiras, unha paisaxe marítima, na que as protagonistas son estas mulleres que están a traballar nas tarefas do campo: unhas reparando as redes e outras coa patela na cabeza levando o peixe. Son figuras monumentais, de formas rotundas, pesadas e volumétricas, concibidas xeometricamente nas súas formas, lixeiramente esquematizadas, sen rostro. Trátase dun tema frecuente polos artistas da renovación da arte galega das primeiras décadas do século XX: Souto, Colmeiro, Seoane ou Maside, autor este último que a influirá especialmente. Clara F. Marín manexa a paleta cromática; esta é unha pintura de cores vivas, expresionistas, con predominio das gamas azuis, verdes e amarelas. Manexa tamén perfectamente a técnica, primando as texturas para destacar as posibilidades expresivas do material, e manexa perfectamente a perspectiva e a captación atmosférica Asinado "Clara F. Marín" no a.i.d. Doado pola autora en setembro de 2003.