Perfil

Manuel Valdés

A obra de Manolo Valdés está ligada á figuración. Ao longo da súa produción en solitario unha vez disolto o Equipo Crónica, decantarase pola reinterpretación de iconas, imaxes significativas da historia da arte que Valdés descontextualiza, desde o Renacemento ata as Vangardas, pasando pola pintura española do Século de Ouro, da que lle interesa sobre todo Velázquez, ademais doutras figuras como Rembrandt ou Manet. Neste caso atopámonos cun gravado no que toma o retrato dunha muller, de perfil, que evoca a pintura do Quattrocento italiano. Sobre esa base o autor vai variando o fondo, o tocado e mesmo texturas. Asinado a. i. d. "M. Valdés" e número de serie no a.i.e. 41/50. Inscrición no reverso "TO THE RECTOR OF THE UNIVERSITY OF SANTIAGO DE COMPOSTELA MR./ AND HONORABLE DARIO VILLANUEVA. WITH GRATITUDE./ NEW YORK- 1997, U.S.A./ Musical Director/Yukako Tarumi (sinatura)/Trustee Director/José Carlos Bergantiños/"

Ficha técnica

Número de referencia: IBC0000269
Autoría: Manuel Valdés
Título: Perfil
Temas: 
Retrato
Feminino
Data: 1997
Técnicas: 
Gravado
Mixta
Dimensións: 
Prancha Alto: 37 cm Longo: 30 cm Soporte Alto: 60 cm Longo: 50,5 cm Con marco Alto: 90,5 cm Longo: 80,5 cm Ancho: 3 cm
Materiais: 
Papel