Personaxes e animais

Jorge Castillo Casalderrey

O gravado é unha importande faceta da produción deste artista. Ecos surrealistas e oníricos na serie de motivos diversos -figuras híbridas, paxaros, un avión, etc- que se conxugan nun espazo neutro, animado por definidas e illadas manchas de cor (amarelo, vermello e azul) que resulta, cando menos, inquietante. Asinado a. i. d "CASTILLO 95". Número de serie a lapis e fóra da prancha no a.i.d 1/75. Un gravado P.A. (prueba de autor) existe na Colección Caixanova, co título "Personajes y animales".

Ficha técnica

Número de referencia: IBC0000268
Autoría: Jorge Castillo Casalderrey
Título: Personaxes e animais
Temas: 
Onírico
Data: 1995
Técnicas: 
Gravado
Dimensións: 
Prancha Alto: 49,3 cm Longo: 49,3 cm Con marco: Alto: 89,5 cm Longo: 68 cm Ancho: 3 cm
Materiais: 
Papel