Peza lítica en forma de disco

Pedra de cuarcita en forma de disco con acanaladuras concéntricas e perforacións: unha perforación central de maior tamaño e 5 máis arredor dela. As acanaladuras están tamén no canto onde hai unha perforación máis. Procede da Lagoa - Rechaba (Tordoia, A Coruña) e pertence á colección “Rechaba” (conxunto depositado por R. Penedo, Mª Luisa Pérez, C. Llana e J.A. Huertas) dos fondos arqueolóxicos da Facultade de Xeografía e Historia.

Ficha técnica

Número de referencia: IBC0001062
Título: Peza lítica en forma de disco
Data: Megalitismo final, III milenio
Dimensións: 
Diámetro exterior: 115 mm, diámetro perforación: 16 mm, espesor: 31 mm
Materiais: 
Pedra