Piedade
Dentro da ampla produción de Xaime Quessada, na década dos 60 elabora unha serie de obras agrupadas xenericamente baixo o título de "Serie Negra" dentro da cal inclúese esta "Piedad". Seguindo o influxo dos seus mestres Goya e Picasso, Quessada utiliza a arte como instrumento de denuncia dunha época de gran conflitividade sociopolítica: repulsa contra a guerra, o fascismo ou o holocausto. Nesta pintura política, o recordo do "Guernica" é evidente; tanto o berro de dor e medo da protagonista como a técnica, caracterizada por un debuxo moi xeométrico que constrúe a figura a base de sólidos perfís e con distintos planos xeométricos, son débedas picassianas. A escena transcorre nun espazo interior, desolado e nocturno que acentúa a traxedia, claroscuro que debe da súa aprendizaxe dos maestros Rembrandt, Goya e Picasso. Serie Negra é, por tanto, consecuencia do compromiso artístico de Quessada, reflexo das experiencias vividas polo artista e do contexto da época na que foron realizadas. Asinado a. i. d. "Quessada" No reverso: "49 depós..."