Piñas

José López Guntín

Bodegón composto dunha serie de piñas colocadas sobre un mantel, que responde fielmente a unha das características principais da obra de López Guntín: a voluptuosidade da cor que emprega tanto nas cores das piñas coma para as sombras que estas proxectan. A súa é unha pintura xestual, de trazo libre e amplo que permite percorrer as pegadas do pincel.

Ficha técnica

Número de referencia: IBC0000548
Autoría: José López Guntín
Título: Piñas
Temas: 
Natureza morta
Técnicas: 
Óleo
Dimensións: 
Alto: 66,5 cm Ancho: 127 cm Profundidade: 2,5 cm
Materiais: 
Lenzo