Paisaxe

Felipe Criado Martín

Felipe Criado presenta nesta obra unha paisaxe mariña, enmarcada a ambos lados polos perfís do cantil e árbores no primeiro termo e no centro a mar. As tonalidades escuras, grisáceas, predominan nunha paisaxe que logra trasmitir a sensación de soidade, quietude e silencio. Trátase dunha paisaxe mariña utópica, que nos achega ao mundo dos soños. Tecnicamente xoga coa difuminación da pintura, algo que é un selo característico ao longo da súa produción. Asinado no ángulo inferior esquerdo.

Ficha técnica

Número de referencia: IBC0000366
Autoría: Felipe Criado Martín
Título: Paisaxe
Temas: 
Paisaxe
Mariña
Data: 1978
Técnicas: 
Óleo
Dimensións: 
Alto: 88 cm Ancho: 88 cm (marco incluído)
Materiais: 
Lenzo
Localización: Facultade de Medicina