Maternidade

Carlos Bóveda

Obra realista e expresiva na que Bóveda recolle o tema da maternidade ao representar a nai co neno no colo. A súa estética é herdeira da tradición rexionalista galega, de aí as figuras de perfís redondeados e toscos que recordan a imaxes enraizadas no popular. Destaca a expresividade da muller, o dominio do debuxo cun trazo negro e a paleta cromática chea de matices dada cunha pincelada dinámica. Asinado a. s. e.

Ficha técnica

Número de referencia: IBC0000322
Autoría: Carlos Bóveda
Título: Maternidade
Temas: 
Maternidade
Data: 1977
Técnicas: 
Óleo
Dimensións: 
NON ESTÁ MEDIDO
Materiais: 
Lenzo