Paisaxe
Virxilio Fernández Cañedo
Virxilio toma frecuentemente como motivo pictórico as paisaxes que el coñece, da súa contorna máis inmediata. Compón a obra rigorosamente ordenada, case xeometricamente, contrapoñendo a horizontalidade marcada no primeiro termo polos troncos das árbores, coa horizontalidade dos distintos campos da composición establecidos polo campo, os arbustos e o ceo. Na paleta cromática, predominan neste caso os ocres e verdes, xogando con distintas tonalidades. Asinado no ángulo inferior dereito. Inscrición no reverso: "Virxilio, Mayo 1967"
Ficha técnica
Número de referencia:
IBC0000736
Título:
Paisaxe
Temas:
Paisaxe
Data:
1967
Técnicas:
Óleo
Dimensións:
Alto: 46 cm Longo: 54 cm Ancho: 4 cm (con marco) Alto: 38 cm Longo: 46 cm (sen marco)
Materiais:
Lenzo
Localización:
Casa da Balconada