Sen título
Xulio Maside
No medio dunha estancia delimitada pola forma dun cubo, Maside sitúa unha figura; neste caso trátase dunha das súas indagacións e fusións de formas híbridas. Así, baixo a apariencia dunha figura humana, superpón outra que parece recordar un minotauro. Repítense as características do autor de reducir as figuras a simples siluetas e primar a espontaneidade da mancha, do trazo. As cores son sobrias, unha paleta a base de grises e negros que contrasta cos tons rosáceos da estancia. Asinado no ángulo inferior dereito.
Ficha técnica
Número de referencia:
IBC0000659
Título:
Sen título
Temas:
Figuras
Data:
1982
Técnicas:
Mixta
Dimensións:
Alto: 95 cm Longo: 74,5 cm
Materiais:
Papel
Localización:
Facultade de Económicas e Empresariais