Placa conmemorativa
Placa metálica en relevo, de cor dourado, sobre madeira. Representa unha figura feminina, alada, que leva na súa man dereita unha palma e na esquerda unha rama de loureiro, alegoría da Vitoria. Debaixo da á estendida, a representación dun edificio e, na zona inferior, unha rama de carballo. Pertence ao legado de Gumersindo Busto.
COLECCIÓN ETNOGRÁFICO-CONMEMORATIVA BIBLIOTECA AMÉRICA
Ficha técnica
Número de referencia:
IBCOOO1328
Título:
Placa conmemorativa
Dimensións:
Alto: 40 cm; largo: 39,5 cm; profundidade: 2,4 cm; diámetro placa: 26,5 cm
Materiais:
Metal
Localización:
Colexio ou Pazo de Fonseca
