Placa dedicada a José María Suárez Núñez

Manuel Bonome Abeledo

Sobre unha base de granito rectangular con remate curvo, Manuel Bonome coloca unha placa conmemorativa ao profesor Suárez Núñez en bronce, que destaca tanto pola pátina verdosa do mesmo como polo coidadoso detallismo nos motivos decorativos. No centro da placa -que se remata nas esquinas con motivos florales- Bonome, facendo condición da súa faceta como escultor, retrata ao homenaxeado de perfil e rodeándoo dunha grilanda de loureiro, símbolo de trunfo. Destaca o detallismo do rostro que demostra o seu bo quefacer na tarefa retratística. Debaixo sitúa a seguinte inscrición: "AL PROF. DR. DN. JM. SUAREZ NUÑEZ CATEDRATICO DE ANATOMIA Y ESTOMATOLOGIA Y RECTOR QUE FUE DE LA UNIVERSIDAD GALLEGA 1932-1987". A decoración está presente en tódolos lados da placa; na parte superior, enmarcado por volutas aparece o símbolo de Medicina: o caduceo de Mercurio coa serpe enrolada; tanto nos laterais coma na parte inferior volven a aparecer as volutas, no primeiro caso acompañadas dun pano, e na parte inferior xunto con follas de acanto. Asinada no ángulo inferior dereito.

Ficha técnica

Número de referencia: IBC0000395
Autoría: Manuel Bonome Abeledo
Título: Placa dedicada a José María Suárez Núñez
Temas: 
Conmemorativo
Técnicas: 
Fundición
Dimensións: 
Alto: 67 cm Ancho: 85 cm
Materiais: 
Bronce
Granito
Localización: Facultade de Medicina