Placa dedicada a Narciso Carrero Goyanes
Francisco Asorey
Lápida conmemorativa ao Doutor Narciso Carrero Goyanes. Placa rectangular disposta en sentido vertical; trátase dunha estrutura arquitectónica clásica -un frontis dórico- que enmarca a lenda conmemorativa. Presenta un escudo no lenzo central, e outro na especie de pedestal sobre o que se apoia a columna da dereita, e que faría parello con outro na esquerda, que lle falta. Lenda do lenzo central: "HOMENAJE DE GRATITUD Y ADMIRACION/A LOS MEDICOS QUE DURANTE LA EPIDEMIA GRIPPAL DE 1918/PRESTARON ABNEGADOS SERVICIOS/EN LA CIUDAD COMPOSTELANA/AL DR NARCISO CARRERO GOYANES/FALLECIDO EN EL CUMPLIMIENTO/DE HUMANITARIO/DEBER/EL AYUNTAMIENTO DE SANTIAGO POR/ACUERDO DE 11 DE DICIEMBRE DE 1918". Asinada no ángulo inferior dereito.
Ficha técnica
Número de referencia:
IBC0000394
Título:
Placa dedicada a Narciso Carrero Goyanes
Temas:
Conmemorativo
Data:
1920
Técnicas:
Policromado
Talla
Dimensións:
Alto: 167 cm Ancho: 117 cm
Materiais:
Bronce
Mármore
Localización:
Facultade de Medicina