Por que?
Cristina Durán Arufe
A obra de Cristina Durán Arufe móvese moi preto da abstracción -aínda que a autora prefire non clasificarse en ningún estilo-. Caracterízase a súa obra pola forza cromática, neste caso azuis cobaltos, grises e amarelos dominan toda a composición, na que apenas se distinguen formas recoñecibles; tan só na parte inferior unha forma de escaleira feita a través do que parece ser un prego de papel. Xoga coa técnica ofrecendo diferentes texturas na obra, deixando unha parte da superficie do lenzo máis rugosa e outras máis difuminadas. Datos da autora no anverso.
Ficha técnica
Número de referencia:
IBC0000597
Título:
Por que?
Temas:
Abstracto
Data:
2000
Técnicas:
Mixta
Dimensións:
Alto: 134 cm Ancho: 120 cm Profundidade: 2 cm
Materiais:
Lenzo
Localización:
Facultade de Psicoloxía