Preparando oposicións
Representa a unha muller sentada cun neno no colo e un libro nas mans. Ao seu carón, unha nena; é dicir, unha nai que ten que conxugar a maternidade e as tarefas domésticas co mundo académico ou profesional. A integración da muller no mundo académico, unha nova realidade e unha nova forma de representación ligada á corrente da Nova Figuración. Plasticamente a obra contén certos trazos expresionistas combinados cunha visión inxenuísta, peculiar da arte naïf. A composición é rixida e hierática. As figuras distorsiónanse e o colorido acentúa o carácter metálico e de atmosfera vaga que se ve apoiado polo espazo irreal do cuarto. A xeometría é un valor engadido á obra que lle outorga un matiz abstracto. Vólvese á figuración. pero contaminada polas novas tendencias dunha arte á que non se pode renunciar. Traballado con textura a espátula. Obra que recibiu a medalla de ouro na exposición celebrada con motivo da conmemoración do 50 aniversario da sección de Historía da entón Facultade de Filosofía e Letras da Universidade. Asinado pola autora no ángulo inferior esquerdo: "Soledad/de Rojas/73"