Presentación da Virxe no templo

Autoría descoñecida da escola sevillana

Habitual iconografía do tema da presentación da Virxe no templo, onde é levada polos pais San Xaquín e Santa Ana, que agardan que a nena suba, non sen dificultade, pola escenográfica escaleira, mentres o Sumo Sacerdote, acompañado dunha das virxes do templo, espera para recibila na cima da mesma.

Ficha técnica

Número de referencia: IBC0000159
Autoría: Autoría descoñecida da escola sevillana
Título: Presentación da Virxe no templo
Temas: 
Relixioso
Iconografía mariana
Data: 1601
Técnicas: 
Óleo
Dimensións: 
Alto: 117 cm Ancho:165 cm
Materiais: 
Lenzo