Protesta
Xaime Quessada
A obra reflicte o compromiso político-social do autor, tanto a través da temática, coma das súas propostas estéticas. Nela vemos un mozo, asentado sobre unha masa informe tirando unha pedra contra un fondo de formas xeométricas. O tema contrasta co tratamento de ecos renacentistas que estilisticamente se lle dá ao cadro (perfección do debuxo, espazo en perspectiva con marcado punto de fuga). Simboliza a loita contra o totalitarismo, encarnado por ese fondo rixidamente xeométrico. O mozo corre cara un fondo vermello que pode entenderse como unha especie de porta á esperanza.
Ficha técnica
Número de referencia:
IBC0000689
Título:
Protesta
Data:
1969
Técnicas:
Óleo
Dimensións:
Alto: 120 cm Longo: 90 cm Ancho: 5 cm (con marco)
Materiais:
Lenzo
Localización:
Facultade de Económicas e Empresariais