Quixote e Sancho
Baseado no Capítulo XLI da obra de Cervantes, "De la venida de Clavileño, con el fin desta dilatada aventura", do Quixote, Garabal representa unha escena na que se ve a Don Quixote e a Sancho quen, cos ollos vendados, están subidos no cabalo de madeira Clavileño o cal os conduciría nunha viaxe e rincharía ao chegar ao final. Así vemos, nun paisaxe de Castela a Mancha cun muíño de vento ao fondo, a figura do cabalo de madeira sobre o que van montandos o Quixote e seu escudeiro Sancho Panza, ambos os dous cos ollos vendados. Ao redor, un grupo de mulleres observan a escena mentres que outros homes están tocando música. Tecnicamente a obra destaca pola importancia do debuxo, que delimita nitidamente as siluetas das figuras; emprega Garabal unha ampla paleta cromática na que teñen cabida os laranxas, amarelos, verdes e os azuis tan característicos do autor. Cumpre destacar o manexo do autor na creación da perspectiva e na captación atmosférica e de luminosidade, cunha gran importancia no estudo das sombras. No ángulo inferior esquerdo aparece unha dedicatoria do autor ao catedrático de literatura D. Enrique Moreno Báez. "A. D. Enrique Moreno B. afectuosamente Garabal".