Retablo de San Francisco de Borja

Simón Rodríguez (traza) / Luis Parcero (execución)

Sitúase na capela do lado sur inmediata ao cruceiro. Retablo composto de zócalo pétreo, predela, único corpo e tres rúas, separadas por pilastras e o ático. As tres rúas conteñen fornelas que acubillan a San Francisco de Borja e aos lados, orixinariamente, San Estanislao de Kostka e San Francisco de Reigs, actualmente este último foi substituído por San Xosé. O corpo dividido por catro columnas de orden toscano e de notorio éntase , dividen as tres rúas, a central mais grande. As columnas decoradas con guirnaldas de froitas e teas colgantes, no entabulamento os típicos mutilos en forma de asa, enmarcando os tres fornelos. O ático dividido en tres partes por pilastras cubertas por alongadas placas que se superpoñen, intercalando cabezas de anxos e creando planos cada vez máis saíntes. A rúa central adiántase, destacándose plástica e luminicamente. O anagrama de Maria e Xesús no centro rodeado de raios e follas de acanto enroscadas. Os escudos dos Borja nas rúas laterais.

Ficha técnica

Número de referencia: IBC0000041
Autoría: Simón Rodríguez (traza) / Luis Parcero (execución)
Título: Retablo de San Francisco de Borja
Data: 1735