Retablo de San Luís Gonzaga

Simón Rodríguez (intervén na traza)

Retablo composto de zócalo pétreo, único corpo de tres rúas, separadas por pilastras e ático. As tres rúas conteñen fornelas que acubillan, na actualidade, a San Xoán Bautista no centro e a San Francisco de Sales e San Carlos Borromeo nos lados. O único corpo arranca directamente dende o pedestal, sen predela. As rúas divididas por catro columnas con decoración de froitas e teas. A rúa central é mais alta e con cornixa escalonada para colocar os atributos do marqués de Castiglione, título ao que renunciou o santo. Na fornela central máis grande, decorada con nove espellos colocados no intradós do arco e outros nove no fondo da fornela, como recurso escenografico e efectos de luz, característico do barroco. Baixo a fornela central, como peculiaridade, colócase o grupo da Piedade nunha urna. No ático reitera motivos relacionados coa Compañía de Xesús: un corazón de Xesús rodeado de raios sobre a placa central, o anagrama de María en medio da cornixa e varias cabezas de anxos, incorporándose desde distintos planos.

Ficha técnica

Número de referencia: IBC0000015
Autoría: Simón Rodríguez (intervén na traza)
Título: Retablo de San Luís Gonzaga
Data: 1701
Técnicas: 
Dourado
Policromado
Talla
Materiais: 
Madeira