Retrato do Excmo. Sr. Giner de los Ríos
Trátase dun retrato realista no que o retratado encóntrase de pé cunha pose de autoridade á vez que desenfadada, xa que aparece coa man no peto. O fondo no que se encontra é dedicado á súa vida, rodeado por unha columna significando o seu oficio de arquitecto. Ten na súa man unha carta que é relevante por encontrarse na parte central do lenzo, que podería ser un recordo do seu importante papel como ministro e deputado durante a Segunda República Española. As cores empregadas son moi neutras, aínda que no fondo resalta a columna da dereita na que encontramos o predominio da cor verde que destaca fronte as cores terra e gris do resto do retrato. A pincelada que encontramos é larga e solta.
Obra pertencente ao contrato-depósito entre o Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía e a USC.
Trátase de Bernardo Giner de los Ríos (Málaga, 31 de octubre de 18881 - Ciudad de México, 22 de agosto de 1970), sobriño de Francisco Giner de los Ríos, o creador e director da Institución Libre de Ensinanza. Bernardo continuará co legado do seu tío e converterase en presidente da Institución, nomeado pola asemblea xeral en España no ano 1936, chegando a ser, como recolle o Boletín Nº 111 / decembro de 1968, “el aglutinante de todos nosotros (…) sabe convivir, comprender y atraer hacia sí, los más dispares caracteres de esa heterogénea Corporación, donde todos estamos unidos por el hilo de la nostalgia, la amistad y el culto a D. Francisco y sus apóstoles”. Accedeu a esta Institución despois de cursar os seus estudos de Enxeñería en Madrid e Arquitectura en Bolonia e converteuse en profesor de Historia da Arquitectura e de Historia da Arte. A parte disto, tivo unha carreira política durante a Segunda República e, posteriormente, continuando como deputado independente; participou nas eleccións de febreiro de 1936 integrando as listas do Frente Popular e uns meses despois foi nomeado ministro de Comunicacións e Mariña Mercante, encargándose de intervir as liñas telefónicas dalgúns militares que ían en contra da República. Cando esta foi derrotada, Bernardo exiliouse en México deixando tras a súa morte o legado dunha crónica do exilio republicano español.