Río Miño

Xosé Luís de Dios González

Xosé Luís de Dios representa neste gravado unha escena mitolóxica titulada "Río Miño". O río vémolo no primeiro termo, sulcado por pedras, peces, pólas... A referencia a Galicia está tamén presente no centro da composición onde aparece un gaiteiro. Á esquerda o busto dun home coroado por un ramallo de loureiro, ao outro unha muller espida acompañada por un neno durmindo. Cara o fondo xorden unha serie de personaxes e árbores que completan e enmarcan a escena. O resultado é unha escena irreal invadida por un "horror vacui", na que o autor deixa patente as súas características: a importancia do debuxo, de trazos expresivos, que xunto coas sobras dotan a imaxe dun gran pictoricismo. Asinado no a.i.d. "dios ,86". Nº de serie: 55/100

Ficha técnica

Número de referencia: IBC0000267
Autoría: Xosé Luís de Dios González
Título: Río Miño
Temas: 
Mitolóxico
Data: 1986
Técnicas: 
Gravado
Dimensións: 
Plancha Alto: 33 cm Longo: 24,5 cm Ventana do passpartout Alto: 39,5 cm Longo: 31,5 cm Con marco: Alto: 62,5 cm Longo: 54,5 cm Ancho: 3,5 cm
Materiais: 
Papel