Roberto Nóvoa Santos
Nóvoa Santos naceu en 1885 e morreu en 1933. Licenciouse en Medicina na Universidade de Santiago de Compostela en 1907. Foi profesor desta Universidade desde 1911 e accedeu á Cátedra de Patoloxía da Universidade de Madrid en 1928. Conta cunha homenaxe moi especial dentro da Facultade de Medicina, xa que preside na actualidade o seu vestíbulo e escaleira principal.
Ten forma de busto e é obra encargada polo decano Ángel Jorge Echeverri a Francisco Asorey, por entón escultor titular da Cátedra de Anatomía. Tal obra conclúese en 1961, ano do falecemento do escultor. En tempos do decano Varela Núñez situarase no lugar que agora ocupa.
A diferenza doutros bustos nos que o escultor emprega elementos alegóricos asociados ao carácter do persoeiro, aquí decántase por unha maior sinxeleza xa que compón o busto en dúas partes: unha base granítica rectangular -coa inscrición do homenaxeado-, sobre a que se levanta o busto, de bronce. Seguindo as características do autor, destaca a fidelidade ao modelo, o detallismo nas faccións e a procura da transmisión da psicoloxía do persoeiro. Está asinado no lateral dereito.
V. Armesto, 1973: V. Armesto, Verbas galegas, Vigo (Galaxia), 1973, pp. 110-133.
I. Fernández Pérez, J. A. Docobo Durántez, 2011: I. Fernández Pérez, J. A. Docobo Durántez, As Matemáticas e a Astronomia en Galícia, Santiago de Compostela (Universidade de Santiago de Compostela, 2011, pp. 94-97.
X A. Fraga Vázquez, A. Mato Domínguez , 1993: X A. Fraga Vázquez, A. Mato Domínguez (coord.), Diccionario Histórico das Ciencias e das técnicas de Galícia. Autores, 1868-1936, Sada- A Coruña (Ediciós do Castro), 1993, pp. 231-234.
X A. Fraga Vázquez, C. González Guitian, 2013: Fraga Vázquez, Xosé A.; González Guitián, Carlos ([2013], “Roberto Nóvoa Santos”, en Álbum da Ciencia. Culturagalega.org. Consello da Cultura Galega. [lectura: 10/11/2017] [URL: http://www.culturagalega.org/
albumdaciencia/detalle.php?id=449
A. Franco Grande 2014: A. Franco Grande, FRANCO GRANDE, A., La medicina compostelana (1847-1950), Santiago de Compostela (Andavira Editora), 2014, pp. 1218-1233.
J. M. García Iglesias, 2016: J. M. García Iglesias, Minerva, la Diosa de Compostela. Espacios y obras a relacionar con el saber, Santiago de Compostela (Andavira Editora- Consorcio de Santiago), 2016, pp. 231-232.
Gran Enciclopedia Gallega, Lugo (El Progreso-Diario de Pontevedra), 2004 y ss, XXXIII, pp.8-12.
R. Gurriarán, 2006: R. Gurriarán, Ciencia e conciencia na Universidade de Santiago (1900-1940), Santiago de Compostela (Universidade de Santiago de Compostela, 2006, pp. 157-158.
R. Gurriarán, 2010: R. Gurriarán, Inmunda escoria. A Universidade franquista e as mobilizacións estudiatís en Compostela, 1939-1968, Vigo (Edicións Xerais de Galicia), 2010, p. 183.
J. M. López Piñero, 1983: J. M. López Piñero et al., Diccionario histórico de la Ciencia Moderna en España, Barcelona (Ediciones Península), 1983, 2 vols.
A.Torres Queiruga, M. Rivas García, 2008: A.Torres Queiruga, M. Rivas García (coord.), Diccionario Enciclopédia do Pensamento Galego, Vigo (Xerais. Consello da Cultura Galega), 2008, pp.222-226.
https://historiadeza.wordpress.com/2014/10/27/roberto-novoa-santos-el-medico-humanista/
https://gl.wikipedia.org/wiki/Roberto_N%C3%B3voa_Santos
http://www.elcorreogallego.es/indexSuplementos.php?idMenu=15&idNoticia=379129