Rockeiro
Manuel Bonome Abeledo
A produción escultórica de Bonome está marcada pola súa aprendizaxe no obradoiro paterno, o que lle achegará un profundo coñecemento da materia coa que traballa: a madeira. Vemos aqui unha talla deste material na que representa a figura dun rockeiro; trátase dunha figura de gran expresividade patente no rostro ou nas mans. Bonome traballa directamente sobre a madeira coas gubias, de ahí a plasticidade lograda. É unha peza feita a escala menor do natural, característica do autor que foxe do canon grande. Asinado na fronte da base "M. Bonome" Arquivado documento de doazón do autor á Universidade (2001), no que se valora a peza en 2.000.000 ptas.
Ficha técnica
Número de referencia:
IBC0000297
Título:
Rockeiro
Temas:
Figura de
Home
Data:
2000
Técnicas:
Talla
Dimensións:
Alto: 65 cm Ancho: 30 cm Profundidade 20 cm
Materiais:
Madeira
Localización:
Colexio de San Xerome Reitoría