Rúa de San Francisco en Santiago
Segundo Hevia
Esta acuarela de Segundo Hevia ten un carácter de crónica da realidade. A súa obra, sempre figurativa, supón a esencialización da fidelidade a un modelo, neste caso amósanos a vista da Rúa de San Francisco coa Facultade de Medicina e a Igrexa de San Francisco. Xunto coa paisaxe urbana, Hevia concédelle importancia á anécdota, aquí representada polos bidóns e neumáticos cos que salpica tanto o primeiro termo do cadro coma o último. Fronte as súas mariñas, nas que se decanta por unha gama cromática máis suave, nas paisaxes urbanas como esta introduce un maior cromatismo e unha maior luminosidade. Asinado no a.i.e. "S. Hevia. 98". Inscrición no reverso do autor " RUA DE SAN FRANCISCO-SANTIAGO/S.HEVIA"
Ficha técnica
Número de referencia:
IBC0000226
Título:
Rúa de San Francisco en Santiago
Temas:
Arquitecturas e edificios
Paisaxe
Data:
1998
Técnicas:
Acuarela
Dimensións:
Ventana do passpartout Alto: 73,5 cm Longo: 55 cm Con marco Alto: 108 cm Longo: 89 cm Ancho: 2,5 cm
Materiais:
Papel
Localización:
Colexio de San Xerome Reitoría