Sachando

Víctor Casas Julián

Seguindo a técnica habitual do autor, Víctor Casas constrúe unha escena na que o que máis destaca é a liberdade que emprega no uso da cor; son cores sutís e imprecisas, difuminadas coas que crea un efecto de tensión. A escena está composta por dúas figuras, de perfís moi imprecisos e formas esquemáticas, co que case se funden co fondo de tonalidades verdes e avermelladas. O artista xoga tamén co contraste violento das cores das vestimentas das figuras, laranxa e negro. Comprado á galería Citania en 1981. Asinado no a.i.d.

Ficha técnica

Número de referencia: IBC0000741
Autoría: Víctor Casas Julián
Título: Sachando
Temas: 
Costumista
Técnicas: 
Óleo
Dimensións: 
Alto: 89 cm Longo: 69 cm Profundidade: 2 cm (con marco) Alto: 80 cm Longo: 60 cm (sen marco)
Materiais: 
Lenzo
Localización: Casa da Balconada