San Xoán Bautista

Benito Silveira

Nesta escultura, o autor (Benito Silveira. San Xoán de Cabaleiros ? - Santiago, ca 1800) mostra a iconografía habitual de San Xoán Bautista: de pé, apoiado cunha prenda de pel de camelo cinguida cun cinturón de coiro, que deixa ver o seu torso espido. Aparece apoiado sobre o tronco dunha árbore, do que sae unha rama na que se apoia un libro que serve de peana ao año, atributo habitual que acompaña ao santo, ao cal dirixe a súa mirada e agarima cunha man, dando a sensación de que establecen un diálogo entrambos. Nesta obra de excepcónal calidade técnica, o artista demostra gran habelenza e coñecemento técnico no tratamento da policromía e da talla do cabelo e da pel, así coma polo tratamento naturalista das faccións. Procedente da Igrexa da Compañía, pasou a propiedade da Universidade pola Pragmática de Carlos III

Ficha técnica

Número de referencia: IBC0000016
Autoría: Benito Silveira
Título: San Xoán Bautista
Temas: 
Iconografía de santos
San Xoán Bautista
Data: 1735
Técnicas: 
Policromado
Talla
Dimensións: 
Alto: 140 cm Ancho: 74 cm Profundidade: 53 cm
Materiais: 
Madeira