San Xoán Goto

Obradoiro de Andrés Ignacio Mariño

San Xoán Goto, xesuíta xaponés -rasgos raciais do rostro- mártir en Xapón no 1597, leva o topónimo da illa onde naceu no seu nome. Leva a cruz e a palma do martirio na man, así como as frechas do seu martirio nas costas.

Ficha técnica

Número de referencia: IBC0000048
Autoría: Obradoiro de Andrés Ignacio Mariño
Título: San Xoán Goto
Temas: 
Relixioso
Iconografía de santos
Data: 1701
Técnicas: 
Policromado
Talla
Dimensións: 
Alto: 100 cm Ancho: 44 cm Profundidade: 30 cm
Materiais: 
Madeira