San Xosé

Autoría desconocida

Escultura que responde ao modelo de Gregorio Fernández, que ten un fecundo desenvolvemento en Galicia entre Mateo Prado e Miguel Romay. O santo calza botas e viste túnica, aberta ata a metade do peito, e manto volandeiro despregado cara a dereita. Portaba a vara florida dos seus esponsais, de acordo cos relatos dos evanxeos apócrifos; agora fáltalle. Tamén lle falta o neno acompañante, de pé ao seu lado, cara quen se inclinaba o patriarca acolléndoo. O neno foi roubado e desintegrouse así o esquema compositivo do grupo, en perfecta e suxestiva diagonal barroca. Subsiste a magnífica policromía, estofada en ouros, vermellos e azuís, con tal suavidade de tons e matices, que fan da obra unha auténtica sinfonía cromática.

Ficha técnica

Número de referencia: IBC0000004
Autoría: Autoría desconocida
Título: San Xosé
Temas: 
Relixioso
San Xosé
Data: 1701
Técnicas: 
Dourado
Policromado
Talla
Materiais: 
Madeira