Santa Teresa
José Alcázar Tejedor
A escena representa a Santa Teresa sentada nuns chanzos, en estado de ensimesmamento, tras pasar por un dos seus episodios místicos, cun libro nunha man e un crucifixo na outra. Con todo, debe notarse que máis alá da experiencia da santa, hai un manifesto interese na recreación histórica e ambiental do espazo, que comparte protagonismo coa relixiosa abulense. A arquitectura dese interior no que ten lugar a escena é sobria e mesmo adoece dunha certa frialdade pétrea; destaca a precisión coa que describe o libro e o fragmento da mesa do primeiro termo, o bastidor de bordar disposto diante da santa e mesmo a pintura mural que se estende na parede do fondo. A obra está asinada e datada no ángulo inferior dereito ("Alcazar Tejedor/ Roma 1884")
Ficha técnica
Número de referencia:
IBC0000162
Título:
Santa Teresa
Temas:
Relixioso
Iconografía de santos
Santa Teresa
Data:
1884
Técnicas:
Óleo
Dimensións:
Alto: 298 cm Ancho: 187 cm
Materiais:
Lenzo
Localización:
Colexio de San Xerome Reitoría