Sempre

Xoán Pardiñas

Xoán Pardiñas presenta nesta obra un grupo de catro figuras humanas, tres situadas no fondo, e diante delas unha cos brazos abertos e o rostro de perfil. Son figuras de grandes dimensións, ampulosas e toscas que se vinculan coa estética do autor "románica primitiva" e, aínda que están perfiladas cun groso trazo gris, o autor concíbeas dun xeito homoxéneo. A paleta cromática é restrinxida a base de tonalidades grises e azulados. En relación coa materia, é rugosa e empastada. Asinado no ángulo inferior dereito.

Ficha técnica

Número de referencia: IBC0000648
Autoría: Xoán Pardiñas
Título: Sempre
Temas: 
Figuras
Técnicas: 
Óleo
Dimensións: 
Alto: 121cm Longo: 139 cm Sen marco Alto: 160 cm Longo: 175 cm
Materiais: 
Lenzo