Sen título
Xulio Maside
Aínda que Xulio Maside considérase un pintor figurativo, hai unha etapa na súa produción marcada pola súa aproximación á abstracción. A influencia deste estilo é clara nesta obra, na que, a pesar da aparente liberdade do trazo e da mancha, esbózanse as siluetas de dúas figuras. Hai ecos dunha herdanza fauvista visibles nos trazos moi fortes e coloristas; estas figuras están apenas definidas na súa silueta e deixan transparentar o fondo de tonalidades grisáceas sobre a que superpón violentamente trazos e manchas de distintas cores: azuis, vermellos ou brancos, características todas elas que se inscriben ao longo da década dos 60. Está asinado no ángulo inferior dereito.
Ficha técnica
Número de referencia:
IBC0000404
Título:
Sen título
Temas:
Abstracto
Data:
1960
Técnicas:
Óleo
Dimensións:
Alto: 75 cm Ancho: 91 cm
Materiais:
Lenzo
Localización:
Facultade de Dereito
